Publicado por: F.G. Atletismo
A xuíz internacional Dolores Rojas, acaba de ser confirmada pola IAAF para tomar parte como xuiz no XVII Campionato do Mundo de Atletismo en Doha desta tempada así como para a gran cita olímpica de Tokio que se desenvolverá no mes de Agosto no 2020. Con esta nova designación a internacional galega, Membro do Panel A da IAAF de marcha, acudirá ós seus terceiros Xogos Olímpicos logo do seu paso por Atenas-2004 e por Londres-2008 que suma ás súas varias actuacións en Copas e Campionatos tanto mundiais como europeas.
A vida desta licenciada en psicoloxía nada no ano 1964, está marcada pola súa paixón ó atletismo que a levaría como atleta, a proclamarse campioa galega en varias edicións nas probas de velocidade e de relevos, máis é ó abandoar a práctica activa, cando no ano 1989 acede a xuíz territorial dando comezo a un amplísima e extensa actividade nacional e internacional.
Durante o transcurso destes anos, moitos teñen sido os recoñecementos colleitados na súa traxectoria, entre os que cabe salientar a de Mellor Xuiz Nacional (RFEA 2002), Premio Xunta de Galicia como recoñecemento a súa labor ou o Premio MUDEGA (Muller deportista Galega) por citar algúns. Da mesma maneira o seu amplo coñecemento e visión do atletismo autonómico e nacional permitiríalle ocupar o cargo de Secretaria Xeral da Federación Galega de Atletismo, a de Presidenta do Comité Galego de Xuices ou a de Representante de xuices na Asamblea Xeral da RFEA entre outras responsabilidades.
O artigo Dolores Rojas designada para os XX.OO de Tokio-2020 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Dolores Rojas designada para os XX.OO de Tokio-2020