Publicado por: Ourense Atletismo
A localidade de Marín viu celebrarse o XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, onde participaron as nosas atletas Icía Ares e María Grande. Ambas quedaron campioas galegas na súa categoría.
No caso de Icía, foi a gañadora sub20 e prata absoluta ao facer os 10K en 50:07. María percorreu a mesma distancia en 01:03:06, rematando na 20ª posición absoluta e gañando na categoría F50.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta
La entrada DOUS OUROS NO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA apareció primero en Club Ourense Atletismo.
Enlace con la noticia original: DOUS OUROS NO CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA

