El Ourense Atletismo presume de cantera

Publicado por: Ourense Atletismo

Onte celebrouse esta competición autonómica de atletismo nas pistas barquenses de Calabagueiros. En xornada de mañá era o turno para as categorías sub10 e sub 12 e xa pola tarde era o turno para os sub14.

Centos de atletas chegados de diferentes puntos da comunidade fixeron que a pesar do mal tempo os atletas mais novos foran os grandes protagonistas desta competición.  O Clube Ourense acudiría a estas importante cita cunha representación en tódolos equipos a pesar de algunhas baixas neles, eramos quen de conquistar tres trofeos nesta cita.

Os primeiros en subirse ao podio era o equipo Sub10 masculino, categoría na que competían dez clubs galegos e onde acadamos a segunda posición. Mentras que na Sub10 feminina (con 7 clubs) eramos cuartos con 38 puntos quedando a catro puntos do terceiro.

Xa na categoría Sub12 masculina (con 12 equipos en competición) demostrouse moita igualdade nos resultados  empataron en puntos tanto o terciero co cuarto coma nos co sexto. Habendo unha diferencia de 5 puntos entre ambolos dous resultados . As grandes triunfadoras serían a categoría Sub12 feminina (con 14 equipos), quedando na primeira posición, acadando o ouro con 93 puntos.

A gran sorpresa viría na xornada de tarde coa desputa do galego sub14 equipos que contaron con multiples baixas a pesares diso os sub14 homes (con 10 club) darían a sorpresa acadando a terceira posición . As sub14  nembargantes (con 14 equipos) non eran quen de superar a 9ª posición.

Destacaremos tamén de entre os resultados obtidos aqueles que supoñen un novo récord do club:

Salgado Fernández Hugo Salto de Longitud Sub 10 3.80 mts
Carbajales Castro Miguel 2.000 mts Sub 14 06:53.97
Malingre Sánchez Javier 2.000 mts Marcha Sub 14 10:17.78
Gómez Nieves Iker L. Martillo 2 kg Sub 14 19.07 mts
Blanco Miguélez Manuela Salto de pértiga Sub 14 2.51 mts

Resultados sub 10 Resultados sub 12 Resultados sub 14

Dar a noraboa a todos aqueles que fixestes posible que isto ocurrira e animarvos a seguir traballando tanto os adestradores como os atletas para acadar os resultados que desexamos.


Enlace con la noticia original: El Ourense Atletismo presume de cantera

Mas noticias relacionadas