Publicado por: F.G. Atletismo
Esta fin de semana poderemos disfrutar de toda a emoción e espectáculo do Campionato Xunta de Galicia de clubs que aterra nas pistas do CGTD de Pontevedra.
Será o sábado en dobre xornada e a partir das 10:30 horas, cando un total de oito clubs (catro por clasificación directa do ano pasado e outros catro por estadillo) tomarán parte neste sempre emocionante encontro que se produce logo do arranque a semana pasada da primeira xornada de Liga RFEA.
Na categoría feminina o Sanysec-Ourense, quen defende o título colleitado o ano pasado, parte como equipo a batir. As ourensáns que fixeron un gran encontro de liga no que acadaron o primeiro posto do seu cadrangular, aspiran a sumar o cuarto título de aire libre logo dos logrados no ano 2005,2012 e 2025. A Sociedad Gimnástica e Celta Atletismo sen perder de vista ao Atletismo Narón, serán tamén aspirantes a estar nos postos de honra desta edición.
Algo máis axunstado estará a clasificación masculina na que a o Celta Atletismo intentará repetir a sorpresa protagonizada na pista curta ao lograr o triunfo e cortar a racha pontevedresa de 11 anos ininterrumidos de Copa. En calquer caso a Sociedad Gimnástica saltará ao sintético ca intención de reter o título logrado o ano pasado e onde o Atletismo Narón e Marineda At. poderían estar en postos importantes da calsificación xeral.
Ría Ferrol en mulleres e Celta Atletismo en homes, os máis laureados
Por palmarés, tanto Ria Ferrol na categoría feminina como o Celta Atletismo na masculina son os clubs galegos que con catorce títulos, acumulan un maior número de trofeos no seu palmarés. Xunto eles Celta Atletismo (9) e Sociedad Gimnástica (6) en mulleres e Sociedad Gimnástica (9) e Club Deportivo Universitario de Santiago (8) en homes, completan o top3 galego por equipos.
Equipos femininos e masculinos participantes: Sanysec- Ourense; Celta Atletismo, Sociedad Gimnastica; Atletismo Narón, Lucus Caixa Rural Galega; C.Atletismo Sada; C.Atletismo Santiago e Marineda Atlético
O artigo Emoción e espectáculo para o galego de clubs desta fin de semana publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Emoción e espectáculo para o galego de clubs desta fin de semana
