Emoción e participación en Bastiagueiro

Publicado por: F.G. Atletismo

O sábado as pistas da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física de Bastigueiro, deron acollida a disputa do Campionato de Galicia de Clubs sub16 e sub20 que xuntaría a un importantísimo número de atletas e público na instalación universitaria.

O encontro organizado polo Marineda Atlético, contaría con emoción, bo tempo, entusiasmo e calidade competitiva e organizativa que fixo posible o gozo dunha auténtica festa atlética.

A nivel de resultados comezando pola categoría sub16, destacadas actuacións dos equipos lucenses quenes domiñarían nestas idades. Nas mulleres o Clube Franciscanos de Lugo con 157 puntos e cas vitorias parciais tanto nos 100 valados coma nos obstáculos imporíase ó Ourense Atletismo con 144 p. e LUCUS Caixa Rural Galega con 143 p.  Nos homes sería a Atlética Lucense quen ocupara o lugar da Gimnástica -gañador o ano pasado-  estando nos postos de honra tanto o Real Club Celta con 142, 5 p. e o Millaraio con 140 p. Os de Lugo amarrarían a súa vitoria cos trunfos individuais dos 600 m, 100 v, lonxitude e 3 k. marcha. así como ca suma de catro segundos postos e tres terceiros que lle darían un total de 159 puntos finais.

Xa na categoría sub20 serían as mulleres da Sociedad Gimnástica con 108 puntos e os homes do Clube Atletismo Santiago con 168 p. quenes subirían o máis alto do podio. As de Pontevedra logarían trunfos parciais nas probas de 800 m., 1.500 m, triple, peso, xavalina e relevos 4×100 que xunto ós sete segundos posto e un terceiro entre o máis salientable, serviríalles para impoñerse ó Atletismo Feminino Celta con 99 puntos e Clube Atletismo Santiago con 85,5 p. Pola súa banda as vitorias masculinas dos 100 m, 200 m., 400 m., 1500 m., 3000 Obs,  triple e os dous relevos de 4×100 e 4×400 m. contribuirían de maneira moi importante a que os santiagueses acadaran unha cómoda ventaxa de 253 puntos polos 232 da Gimnástica de Pontevedra e os 185 da Atlética Lucense segundos e terceiros clasificados respectivamente.

Resultados Sub16

Resultados Sub20

O artigo Emoción e participación en Bastiagueiro publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Emoción e participación en Bastiagueiro

Mas noticias relacionadas