Publicado por: Lucus Atletismo

Fin de semana completo para as categorías sub16 (cadete) e sub18 (xuvenil), coa celebración dos CAMPIONATOS DE GALICIA nesta tempada ao aire libre. Coñece os lugares, horarios e os/as atletas que participarán por parte do Lucus Caixa Rural Galega!!
Ao longo do día de hoxe, sábado 26 de maio, será a categoría SUB18 (xuvenil) a encargada de amosar o seu potencial nas Pistas A Malata de Ferrol, nun campionato que se desputará en xornada de mañá e de tarde. A continuación proporciónase información de interese como o regulamento, os/as atletas inscritos/as e o horario definitivo, así como un enlace para que poidades seguir os resultados en directo.
Segue os resultados en directo premendo abaixo!! | ||
![]() |
||
👉 REGULAMENTO | 👉 LISTA DE INSCRICIÓNS | 👉 HORARIO DEFINITIVO |
En canto á categoría SUB16 (cadete), terán a oportunidade de ofrecer o mellor de si o domingo 27 de maio no Estadio Calabagueiros, na localidade ourensá de O Barco de Valdeorras. A xornada tamén terá lugar en xornada completa, pola mañá e pola tarde, e de novo adxúntase información de interese relacionada coa competición.
SEGUE OS RESULTADOS EN DIRECTO!! | ||
![]() |
||
👉 REGULAMENTO | 👉 LISTA DE INSCRICIÓNS | 👉 HORARIO DEFINITIVO |
MOITO ÉXITO ÁS NOSAS RAPAZAS E RAPACES!!
Enlace con la noticia original: Fin de semana de CAMPIONATOS DE GALICIA SUB16(CAD) e SUB18(XUV)