Publicado por: F.G. Atletismo
De novo o marco incomparable da Serra do Barbanza volvería ser o esciario escollido onde se disputou o Campionato de Galicia de Trail 2018 no día de onte.
Cunha importante participación os preto de 25 km de percorrido darían como gañador absoluto ó campión do ano pasado, Alberto Carou do Clube Atletismo O Pino quen invertiría un rexistro de 2h.34:55.Tras o gañador , e na segunda posición, entraría en meta Victor Maneiro do mesmo clube cun rexistro de 2h.43:09 ocupando o terceiro lugar Juan Carlos Rodríguez da S.D.Barbanta Roda con 2h.49:44
Na categoría feminina a victoria correspondería para Ariana González da S.A. do Trega quen marcaría un crono de 3h.17:43. O subcampionato foi parar a Viviero da man de Silvia Díez do Egovarros con 3h.37:53, sendo o bronce para Eva de la Fuente do C.A. O Pino con 3h.45:39
No resto de categorías os campións quedarían da seguinte maneira:
Campións galegos absolutos: Alberto Carou (C.A. O Pino) e Ariana González (Trega)
Master 35: Alberto Carou (C.A. O Pino) e Ariana González (Trega)
Máster 40: Juan Carlos Rodríguez (S.D.Barbanta Roda) e Silvia Díez ( Egovarros)
Máster 45: Rubén Castro (At. Tui) e Eva de la Fuente (C.A. O Pino)
Máster 50: Juan Menéndez (Egovarros) e Ana María Ferradás (At. Ribadeo)
Máster 55: Antonio Lois (Marineda At.)
Máster 60. Juan Camean (Veteranos de Samil)
Máster 65: Juan Matías Regueira (A.Barbanza)
Sub 22: Yago Freije (At. Ribadeo)
Senior Masculino: Santiago calvo (S.D.Barbanta Roda)
Na foto, Matías Regueira o medallistas máis veteranos da categoría máster 65
O artigo González e Carou, os máis fortes na Serra do Barbanza publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: González e Carou, os máis fortes na Serra do Barbanza