Granollers agarda a Selección Galega Absoluta

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin  de semana a Selección Galega absoluta acudirá a Granollers para tomar parte no XLIII Campionato de España de Federacións Autonómicas onde se medirá os mellores combinados do Estado. Nesta importante cita, o equipo de Catalunya está chamado novamente a proclamarse campión nunha edición na que veñen domiñando claramente dende as súas orixes.

Facendo un pouco de historia, o primeiro ano de celebración deste certame sería no ano 1976 onde as distintas federacións tomarían parte a un atleta por proba. Dous anos despóis, no 1978, fariase un segundo encontro en sedes distintas para os equipos que tomaban parte xa na segunda categoría.

Con varios formatos de competición ó longo do tempo, no ano 2012 unificarianse as categorías dando pe a que cada selección participe cun equipo feminino e masculino nun único encontro e no que as sumas de ambos determina a posición final dos Seleccións.

A nosa Comunidade acollería no ano 2010 en Vigo a única celebración deste encontró na máxima categoría, sendo novamente Vigo no 1987, e A Coruña 1996 quenes a organizaran no grupo de prata.

En canto a trunfos, a Selección Galega gañaría os encontros masculinos de segunda división nos anos 1978 e 1982 (como Federación Provincial de A Coruña)  1991,1996, 2002, 2005,2007. O equipo feminino farían o propio tamén en segunda nos anos 1982 (como Federación Provincial de Pontevedra),1996 e 2002. Os postos máis relevantes serían o segundo lugar das mulleres o ano padado en Ciudad Real (quintos por Seleccións)  e o terceiro lugar en homes do ano 2010 en Vigo.

O artigo Granollers agarda a Selección Galega Absoluta publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Granollers agarda a Selección Galega Absoluta

Mas noticias relacionadas