Guadix recibe ás nosas marchadoras e marchadores

Publicado por: F.G. Atletismo

Un total de seis marchadoras e marchadores galegos tomarán parte nesta fin de semana no Campionato de España da especialidade de Promoción de inverno que acontecerá na localidade granadina de Guadix.

A cita que dará comezo o sábado día 8 ás 16.00 horas contará ca participación dos atletas Hugo Martínez (E.A.Lucense), Alex Novas (C.Orotava), Roberto Vieiro (C.A.Santiago), Iria Rivas (Ria Ferrol) así como Silvia Ramos e Brais Manso do Ourense A.

Da mesma maneira ata esa localidade tamén acudirían un destacado número de atletas composto na súa maioría por integrantes do Club Atletismo Cuntis, pero tamén doutras diferentes entidades, para tomar parte no Memorial Manuel Alcaide de marcha.

Regulamento

 

O artigo Guadix recibe ás nosas marchadoras e marchadores publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Guadix recibe ás nosas marchadoras e marchadores

Mas noticias relacionadas