I Control Escola de Atletismo SGP (24/04/24)

Publicado por: S.G.Pontevedra

Este mércores 24 de abril deu comezo o Circuíto de Atletismo en Pista que cada ano organiza a Sociedad Gimnástica.

Este ano incorpora unha novidade, o I Control Escola de Atletismo SGP, que deu o pistoletazo de saída do circuíto, onde os máis novos (atletas sub10, sub12 e sub14) se puxeron a proba e se divertiron a partes iguais.

Estaban inscritos 201 atletas de distintos equipos, sendo a metade atletas da canteira do noso club.

A competición comezou ó redor das 17:40 horas, cando tomaron a saída os atletas de categoría sub10 para disputar o 500 metros lisos. Chegou primeiro á meta Teo Castiñeira, da Gimnástica, cun tempo de 01:37.65, seguido do seu compañeiro Brían Barroso. O terceiro e cuarto posto foron para os atletas do Beade, Nuno Carreira e David Costas.

As rapazas foron as seguintes en participar na mesma distancia, destacando a atleta do Asociación Deportiva C.A.R., Sabela Muíños, quen se impuxo con autoridade na proba, seguida de Abril Pey e Helena Tormos, atletas da nosa canteira, quen foi segunda no salto de altura, por detrás da atleta do Cambados, Sofía Núñez.

Houbo tamén lanzamentos, como o de pelota, cos máis cativos, o martelo, onde se impuxo Alan Cadavid, do Ames Atletismo Savante, seguido de Iago Gómez e Nicolás Piñón, da Gimnástica. A nosa atleta, Gara Manuel foi primeira no seu turno de lanzamentos, neste caso, de peso.

Nas distancias longas disputáronse o 1000 metros lisos sub12, ou o 2000 metros. A última hora da tarde chegaría o turno das distancias de obstáculos (1000, 1500 e 2000 metros). No 1500, foi Noelia Quiñones quen conseguiu o primeiro posto, seguida de Sara Muñoz, do Atlética Lucense e Tania López, do Club Atletismo Narón.

Tamén houbo sitio para os saltadores, coa lonxitude, onde destacou Alex Vidal, do CD Pinarium e as gimnásticas Gara Manuel e Sara Mourente, primeira e segunda na lonxitude feminina. No triplo salto masculino os tres primeiros postos foron para Julián Martínez, do Atlética Val Miñor, Mario Tegegn Míguez, atleta da Gimnástica e Adrián Vila, do R.C. Celta. No caso das rapazas, que pecharon a xornada de competición, o primeiro posto foi para Celia Couto, do At. Rías Baixas, sendo cuarta a atleta do noso clube, Ángela Moldes.

A celebración da primeira edición desta proba foi un inmellorable inicio para o circuito deste ano e unha grande oportunidade para os máis pequenos para ver o seu progreso e para continuar aprendendo e mellorando… Esta vez xogando en casa. Noraboa a todos!


Enlace con la noticia original: I Control Escola de Atletismo SGP (24/04/24)

Mas noticias relacionadas