III TROFEO MARIANO CASTIÑEIRA (sábado 10 xuño 2023, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

O próximo sábado 10 de xuño de 2023 o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA organizará o III TROFEO MARIANO CASTIÑEIRA VILLASECA, co patrocinio de Dmanán, nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo. Nesta terceira edición, dedicada en exclusiva ao noso querido adestrador, queremos seguir mantendo vivo o seu recordo nunha homenaxe en agradecemento a unha vida dedicada ao atletismo que deixou grandes éxitos na nosa localidade, formando atletas que chegaron incluso a ser internacionais, como Tito Margaride, Alessandra Aguilar ou Adrián Ben, entre moitos outros.

Será nunha dobre xornada con probas para todas as categorías: a partir das 11:00 horas para os/as atletas SUB8 a SUB14 e desde as 16:30 horas para as maiores (de SUB16 a Máster); cun recoñecemento especial para os/as vencedores/as dos 1.500 e 5.000 metros, que recibirán un trofeo conmemorativo, así como para os tres primeiros postos da categoría Máster nestas probas.

Animámosvos a todas e todos a vir e apoiar ao Club, participando nesta competición que organizamos con moito esforzo e ilusión co único obxectivo de que desfrutedes do atletismo nesta recta final da tempada de aire libre. Tedes toda a información nos seguintes enlaces.

AGARDÁMOSVOS, NON PODEDES FALTAR!

Enlace con la noticia original: III TROFEO MARIANO CASTIÑEIRA (sábado 10 xuño 2023, Lugo)

Mas noticias relacionadas