Incerteza cas citas galegas máis próximas calendadas na RFEA

Publicado por: F.G. Atletismo

A Real Federación Española de atletismo ven de facer público o calendario nacional de probas que foi aprobado recentemente polos seus órganos de goberno e que pon o punto de partida para unha tempada que comeza con non poucas incertezas, restricións e adiamentos.

Este calendario recolle a día de hoxe máis de duascentas probas de todo o Estado, varias das cales corresponden ás que se organizarán na nosa comunidade, ainda que todo elo loxicamente, pendente sempre da evolución sanitaria da COVID19.

A Coruña estará incluida cas súas catro importantes clásicas como son o 14 de febreiro ca XIII Media Marathon A Coruña 21; o 18 de abril ca XV Carreira Popular A Coruña10; o día 5 de xuño co G.P. Internacional de Marcha Cantones da Coruña -G.P. Sergio Vázquez rematando o día 3 de outubro ca celebración da  IX Marathon A Coruña 42. Precisamente no día de onte, o Concello herculino comunicaba o adiamento da media marathon, sendo a día de hoxe unha incertidume o que poida acontecer ca Coruña10.

Outras das citas importantes do calendario nacional, serán as probas do  IX Trofeo Alfonso Posada que acollerá  Balaidos o día 26 de xuño, e a clásica XXXIX Carreira Popular de Negreira que volverá a percorrer as rúas do concello negreirés o 14 de novembro.

Citas nacionais e internacionais

Outras datas importantes a ter en conta de rango nacional serán a celebración do nacional absoluto de pista cuberta disposto para os días 20 e 21 de febreiro en Madrid, organizándose unha semana máis tarde,  o día 28 de febreiro, o nacional de campo a través individual e por Federacións ainda sen sede. Para rematar, o nacional absoluto de aire libre está fixado para os días 26 e 27 de xuño no concello madrileño de Getafe.

A nivel internacional a localidade polaca de Turun será quen organice do 5 ao 7 de marzo o Campionato de Europa de Pista cuberta que servirá como importante test para a gran cita do ano que durante os días 30 de xullo ao 8 de agosto convertirán a Tokio no gran centro de atención mundial co desenvolvemento dos agardadísimos Xogos Olímpicos.

Calendario RFEA

O artigo Incerteza cas citas galegas máis próximas calendadas na RFEA publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Incerteza cas citas galegas máis próximas calendadas na RFEA

Mas noticias relacionadas