Ismanon e Marina Porteiro flotan existosamente no Gran Fondo Caixabank

Publicado por: S.G.Pontevedra

Nin a constante choiva puido parar aos corredores do Gran Fondo Caixabank. Os grandes triunfadores da xornada foron Ismael Allagui (Ismanon) e Marina Porteiro ao imporse na proba do medio maratón.

Ismanel Allagui (Ismanon), primeiro no medio maratón do Gran Fondo Caixabank 2025
Ismanel Allagui (Ismanon), primeiro no medio maratón do Gran Fondo Caixabank 2025

Medio Maratón chuvioso

A proba raíña do medio maratón tivo un claro vencedor. Foi o atleta madrileño Ismael Allagui, máis coñecido nas redes sociais como Ismanon. Porén, por ter licencia madrileña non puido subirse ao podio como gañador desta edición do Gran Fondo Caixabank.

Así que o podio completárono Víctor Puyuelo con 1:09:01 conseguindo o ouro, Alexandre Álvarez (1:09:37) obtivo a prata e Carlos Porto, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, con 1:09:48 foi bronce.

Ana María Santiso estivo liderando en case todo momento a carreira feminina, pero nos últimos quilómetros Marina Porteiro e Soledad Leiro conseguiron adiantala. De tal xeito, Marina, a atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, cruzou a liña de meta en primeiro lugar cun rexistro de 1:26:07 e escribe o seu nome na historia deste evento deportivo. Soledad Leiro foi segunda con 1:26:23. E, finalmente, Ana María quedou terceira con 1:27:00.

Carreira dos 10km

Ás 10:30h, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores deu o pistoletazo de saída á carreira curta do Gran Fondo Caixabank. Os corredores mantivéronse ao principio en grupo, pero xa nos últimos quilómetros empezaron a distanciarse e a deixar clara as posicións.

Finalmente, Denis Incutti chegou en primeiro lugar con 32:23; Pepe Sánchez del Valle foi segundo cun rexistro de 32:25; e o atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Hassan Izzeddine, subiuse ao terceiro posto do podio parando o cronómetro en 32:28.

En mulleres, venceu Beatriz Seco con 40:20. Tania Fernández (40:59) e Manuela Montes (41:26) foron segunda e terceira respectivamente. A lucense María Cedrón foi a primeira en cruzar a liña de meta, pero por non competir con licencia galega non puido subirse ao podio.

Podio 10km do Gran Fondo Caixabank
Podio 10km do Gran Fondo Caixabank .Hassan Izzeddine quedou terceiro

Carreiras de menores

Os primeiros en competir foron os máis pequenos. Na pista de atletismo do CGTD de Pontevedra percorreron deron máis de media volta ao anel. En total, uns 250 metros que todos os valentes fixeron sen terlle medo ás precipitacións.

Posteriormente, chegaron os rapaces e rapazas da categoría do Mini Gran Fondo. Saíron dende a Ponte dos Tirantes e chegaron á habitual meta do Gran Fondo Caixabank. Eles fixeron 750 metros.

Unha proba que gañaron Martín Otero e a atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Sabela Martínez.

Podio carreira menores do Gran Fondo Caixabank
Podio carreira menores do Gran Fondo Caixabank con triplete da Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Podio carreira menores do Gran Fondo Caixabank
Podio carreira menores do Gran Fondo Caixabank

Enlace con la noticia original: Ismanon e Marina Porteiro flotan existosamente no Gran Fondo Caixabank

Mas noticias relacionadas