Javier Cid protagonista no Máster de Pentathlon de Lanzamentos

Publicado por: F.G. Atletismo

Este domindo pasado o Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra foi o escenario onde se desenvolveu o III Campionato de Galicia de Péntathlon de Lanzamentos Máster

A cita, que deu comezo as 09:45 horas contaría ca participación dalgúns dos máis importantes lanzadores máster do noso deporte malia que o protagonismo correspondeu  ó atleta do ADAS-Proinor Javier Cid quen  non só acadaría o campionato na categoría M-40 con 3.988 puntos, senón que ademáis este rexistro representa un novo récord galego da categoría. De igual modo os seus 14.50 m. no martelo pesado supoñen de igual modo un novo tope galego do concurso.

No resto de categorías títulos para: Isidro Fernández da A.D.Mazí na M-35 con 1.985 puntos; Antonio Javier Pereira do Atletismo Cuntis na M-50 con 1.862 p; Carlos Ferrer no A.Narón na M-55 con 3.308 p.e José Manuel Almudí do ADAS-Proinor na M-75 con 3.024 puntos. Xa na categoría feminina trunfo para Irene Fernández do A.Narón na M-35 quen se impuxo cunha puntuación total de 1.184 puntos.

Resultados Máster Lanzamentos 2018

O artigo Javier Cid protagonista no Máster de Pentathlon de Lanzamentos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Javier Cid protagonista no Máster de Pentathlon de Lanzamentos

Mas noticias relacionadas