Leticia Fernández e Alex Sierpes campións galegos dos 5K

Publicado por: F.G. Atletismo

Leticia Fernández do ADAS CUPA cun crono de 18:05 e Alex Sierpres do Vicky Foods con 14:52, proclámaronse esta fin de semana campións galegos absolutos da proba dos 5K na edición levada a cabo en O Barco de Valdeorras na que tomaron parte preto dun cento de atletas.

Xunto aos gañadores, estiveron ocupando posto de podio Miguel Quintáns do Coruña Comarca a 41 do primeiro e o campión galego da edición de Vimianzo-2018 Alejo Ares do ADAS CUPA, a 44. Na categoría feminina lograba o subcampionato de Galicia Noa Mirantes do Marineda Atlético a 24 segundos da  gañadora sendo bronce Laura Porto do Rías Baixas a 25.

Compre salientar os récords  galegos logrados tanto por Carmen Rodríguez do SD Compostela na F70 con 23:34 como o de Manuel Suárez  do Veteranos de Samil na M65 con 18:41. Pola súa contra, Almudena Alvarez do At. Bergondo convertíase na primeira atleta da entidade en lograr un título galego para o su club.

Gañadores por categorías

  • Absoluta. Leticia Fernández (ADAS CUPA) e Alex Sierpes (V.Foods)
  • Sub23. Noa Mirantes (Marineda At.) e  Miguel Quintans (Coruña Comarca)
  • Sub20. Helena Celada (Ría Foz) e Christian Sierpres (V.Foods)
  • Sub18. Laura Porto (Rías Baixas) e Alex Sierpes (V.Foods)
  • Máster35. Alejo Ares (ADAS CUPA) e Amira Simón (SD Compostela)
  • Máster40. Almudena López (At. Bergondo) e Ismael Lago (S.M.Marín)
  • Máster45. Martina Tasende (ADAS CUPA) e Juan José Álvarez (ADAS CUPA)
  • Máster50. Loreto Sambade (Triki Team) e Jose C. Ferreira (SD Coompostela)
  • Máster55. Rocío Díaz (SD Compostela) e Ramón Serantes (Coruña Comarca)
  • Máster60. Luz Domínguez (Burgas Ou.) e Saturnino González (Ourense At.)
  • Máster65. Manuel Suárez (Vet.Samil)
  • Máster70. Carmen Rodríguez (SD Compostela) Domingo Álvarez (Egobarros)
  • Máster75. José Rey (Vet. Samil)

RESULTADOS

 

O artigo Leticia Fernández e Alex Sierpes campións galegos dos 5K publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Leticia Fernández e Alex Sierpes campións galegos dos 5K

Mas noticias relacionadas