MIGUEL CARBALLADA no MEETING NACIONAL DE ATLETISMO TONI BONET (18 maio, Ibiza)

Publicado por: Lucus Atletismo

Tivo lugar o pasado sábado 18 de maio no MEETING NACIONAL DE ATLETISMO TONI BONET, que se disputou en xornada de tarde no Estadio Can Misses de Ibiza, nas Illas Baleares.

Miguel González Carballada, logo dunha tempada lesionado e con molestias, deixou claro que volve con forza ao panorama deportivo nacional, tomando parte neste Meeting no que participou na proba dos 2.000 metros lisos. O atleta SUB23, que compartiu carreira con Adrián Ben e outros deportistas destacados, rematou cun rexistro de 5:13.79 e o sétimo posto, nunha loita por manter o ritmo e achegarse ao tempo das primeiras posicións. Un comezo de tempada modesto e excepcional.

[See image gallery at www.atletismolucus.org]

© Imaxes tomadas da páxina oficial do Meeting en Facebook. 

GRANDE NORABOA, MIGUEL!!

Enlace con la noticia original: MIGUEL CARBALLADA no MEETING NACIONAL DE ATLETISMO TONI BONET (18 maio, Ibiza)

Mas noticias relacionadas