Publicado por: Ourense Atletismo
Outra das citas da xornada era unha carreira popular pedestre que se disputaba en Ourense este domingo, 17 de xuño, na rúa do Paseo, sobre un circuito homologado e no que había que completar a distancia dunha milla (1.609,34 m.);con distancias adaptadas as idades dos participantes. Trátabase dunha iniciativa solidaria, todolos ingresos en concepto de inscrición eran destinados á “Asociación Española Contra el Cáncer”.
A “Asociación Española contra el Cáncer” é unha entidade non lucrativa, co obxectivo de loitar contra o cancro, liderando o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto causado por esta enfermidade e mellorar a vida das persoas.
No Cuarto de Milla, carreira para os máis pequenos destacar a Miguel Carbajales gañador da proba, así como a participación de Martiño Ruano 1º sub10 a su irmá Aroa Ruano 1ª sub-10 F. e Marta Quiroga 2ª sub-12 F.
Na Media Milla o gañador da proba era Álvaro Díaz seguido de Kevin Torres 3º sub-16, os demais integrantes do club foron Mar Díaz 1ª na categoría femenina e Mencía Luís 2ª.
Na Milla Máster B Germán Quiroga era 6º clasificado cun tempo de 6:20.
Milla Máster C-B-A, Sénior, Sub23, Sub20 feminino destacar a Whitney Rodríguez que era 5ª cun tempo de 7:07.
Milla Sénior, Sub23, Sub20 masculino Alejandro Montero cun tempo de 5:17 era 4º na general e 1º da súa categoría.
Enlace con la noticia original: Milla Solidaria