Publicado por: F.G. Atletismo
Desde o día de hoxe o atletismo galego conta cunha nova e importante ferramenta comunicativa.
Trátase da nova páxina web do Trail Running Galego na que todos aqueles e aquelas afeccionadas poderán ter información específica sobre o referente a esta modalidade do nodo deporte.
Con esta nova medida, continúase impulsando desde a federación a máis nova das modalidades do atletismo galego, nunha clara aposta do sector que dirixe Iván Sangiao, de seguir promocionando, implantando e facendo medrar esta disciplina.
Xa sabedes, desde hoxe toda a información relacionada ca normativa, calendario, sedes, ranking e toda cantas novas se vaian producindo no Trail Running Galego, tédelo ao voso alcance en: http://galiciatrail.com/
O artigo Nace Galiciatrail.com publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Nace Galiciatrail.com
