Nacho Fernández, campión mundial máster

Publicado por: F.G. Atletismo

Arrancaría no día de onte a primera xornada correspondente os Campionatos do Mundo Máster de atletismo que se están a desenvolver na cidade andaluza de Málaga.

A esta cita do atletismo veterán, acude unha amplísima representación de atletas galegos cuxos resultados non se farían agardar xa que no concurso de martelo o atleta do Real Club Celta Nacho Fernández lograría o título mundial de martelo na categoría de maiores de 35 logo de efectuar un mellor lanzamento de 58.50 m (56.25/58.50/58.41/58.43/56.45/58.16). O discípulo da chamada “Factoría Hermida” dominaría amplamente un concurso na que o segundo clasificado, o eslovako Jiri Koukal, lanzaría ata os 57.33 m.

Con este título mundial, Nacho Fernández amplía o seu importante palmarés que o faría gañar esta tempada os títulos de Campión de Europa Máster de pista cuberta, o de Campión Galego Absoluto ou o non menos importante quinto posto do nacional absoluto.

Resto de actuación galega

En outro orden de cousas na categoría máster 40 e tamén no lanzamento de martelo, participación do atleta do ADAS Proinor Javier Cid quen lograría posto de finalista ó rematar na oita posición con 47.15 m. (46.20/X/47.15/45.05/46.91/46.06)

Resultados

 

O artigo Nacho Fernández, campión mundial máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Nacho Fernández, campión mundial máster

Mas noticias relacionadas