Normativa licenzas autonómicas 2023

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe publicábase a circular ca normativa de licenzas 2023, aprobada provisionalmente pola Comisión Xestora o 7 de novembro de 2022 e pendente da aprobación definitiva pola Asemblea Xeral da FGA

Nelas a FGA asume na súa totalidade a normativa de licenzas RFEA (Circular 193/2022) en todos aqueles aspectos que non se regulen de maneira específica en relación ao seu ámbito competencial.

A forma de tramitación para atletas independentes, xuíces, adestradores e clubs será pola pasarela de carreirasgalegas.com de maneira individual. https://licenzas.carreirasgalegas.com

Os periodos de vixencia das licenzas irán desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2023 sendo os prazos de tramitacións  de clubs e adestradores desde o día 7 de novembro e de atletas e xuíces desde o dia 25 do mesmo mes.

O artigo Normativa licenzas autonómicas 2023 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Normativa licenzas autonómicas 2023

Mas noticias relacionadas