Normativa provisional de uso da Pista Cuberta de Ourense

Publicado por: F.G. Atletismo

Continúase a traballar nunha normativa que regule os adestramentos na Pista Cuberta de Ourense para as nosas e nosos atletas. Como consecuencia do relevo producido á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte, vaise demorar a normativa de uso da instalación, establecéndose o seguinte protocolo de xeito transitorio:

Os Clubs ou persoas físicas federadas que queiran adestrar na pista de atletismo, no horario fixado no regulamento (de luns a venres de 17:00 a 21:30 e sábados e domingos de 10:00 a 14:00),  terán que facer unha solicitude previa á Federación Galega de Atletismo con dous días antes de antelación ó uso da pista, enviando un correo electrónico a secretaria@atletismo.gal  que comprobará a condición de atleta federado/a.

As solicitudes para os adestramentos en fins de semana terán que ser remitidas con data límite o xoves anterior antes das 20:00 horas ó mesmo correo da FGA.

Débese ter en conta que a instalación non conta con ningún material dispoñible de adestramento nestes intres, estando á espera da xuntanza a manter con Xunta e Expourense para abordar estas e demáis cuestións organizativas.

Modelo solicitude de adestramento pista cuberta (word)

Modelo solicitude de adestramento pista cuberta (pdf)

O artigo Normativa provisional de uso da Pista Cuberta de Ourense publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Normativa provisional de uso da Pista Cuberta de Ourense

Mas noticias relacionadas