Novamente Cantones no Top1 da marcha mundial

Publicado por: F.G. Atletismo

Pouco a pouco a cidade de A Coruña preparase para recibir aos mellores atletas mundiais do momento no que será a súa trixésimo sexta edición correspondente ao Gran Premio de Marcha Cantóns de A Coruña- Trofeo Sergio Vázquez  que como todos os anos e de manera ininterrompida, agás no 2020 pola situación pandémica, acude fielmente ao seu emblemático escenario.

A falta de pouco menos de vinte e catro días para a gran cita, xa teñen confirmada a súa participación un importante número de marchadoras e marchadores de top mundial quenes volverán a encher as rúas coruñesas de calidade e espectáculo.

Ata o momento e como xa adiantabamos no último comunicado remitido, están confirmadas a presenza de Liu Hong quen lograba no ano 2015 na Coruña o récord do mundo na proba dos 20 Km. ou a da peruana Kimberly García campioa mundial dos 20 Km. e dos 35 Km. na edición desenvolta en Eugene no ano pasado.

Por parte española as cabezas de cartel serán a campioa de Europa do 2018 María Perez García así como a subcampioa de Europa en Munich 2022 Raquel Gónzalez. Xunto a elas estará na línea de saída a bimedallista de bronce na Copa de Europa de marcha nas edicións do 2017 e 2021 e prata na edición do 2019 Laura García-Garcia Caro.

Como confirmación de última hora contaremos ca presenza da galega internacional e campioa de España Antía Chamosa, quen lograba o metal de bronce no campionato de Europa Sub23 no 2021.

No tocante á categoría masculina o italiano e campión olímpico Massimo Stano estará sobre o asfalto coruñés xunto ao sueco Perseus Karltrom, bronce mundialista nas tres últimas edicións ou o subcampión de Europa dos 20 Km. o alemán Christopher Linke que serán tamén marchadores que den nivel a este evento.

Por parte española contaremos co vixente campión europeo de Munich Álvaro Martín quen estará compartindo distancia co medallista continental de prata no 2018 en Berlín e de bronce no 2022  Munich, Diego García.

Agárdase que continúen as distintas confirmacións ao longo destes dias entre elas a dos marchadores e marchadoaras chinesas así como a de varios paises hispanos.

Cantones, proba Top1 mundial

Novamente o G.P. de Marcha Cantones de A Coruña sigue sendo un ano máis, a proba máis importante das súas características desenvolta a nivel mundial. Para esta edición conta ca denominación estabrecida pola World Athletics de Golden Level que acredita a máxima categoría da competición e cuxa certificación só posue este certame.

Por detrás de Cantones sitúanse probas tan importantes como as que se desenvolven en Philadelphia (EEUU), Dudince (Eslovaquia), Taicang (China), Dublín (Irlanda), Tokyo (Japón) Camberra (Australia) ou a de Madrid, por citar algunhas das vinte e unha cidades que organizan probas da World Race Walking Tour neste 2023

O artigo Novamente Cantones no Top1 da marcha mundial publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Novamente Cantones no Top1 da marcha mundial

Mas noticias relacionadas