Publicado por: F.G. Atletismo
A atleta do ADAS Proinor Susana Arrua (W35), proclamaríase Campioa de España de campo a través no circuíto de Xerez nunha carreira moi completa onde non daría opcións aos seus rivais. A achega de Susana foi decisiva para que o equipo W35 conseguise o subcampionato de España da súa categoría. A formación estaría integrada por Susana Arrúa, Esther Rodríguez, Iria Fernández e Elena Ledo.
A maiores o relevo mixto formado por Susana Arrúa, Akka Essaadaoui, Esther Rodríguez e Alberto Asensio, proclamaríase campións de España nunha carreira que domiñaron dende practicamete o primeiro metro.
Resultados Campionato de Relevos
Resultados Campionato Máster campo a través
O artigo O ADAS Proinor brilla nos nacionais máster publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: O ADAS Proinor brilla nos nacionais máster