O atletismo Galego recoñece a Soli Pereira

Publicado por: F.G. Atletismo

A disputa na fin de semana do Campionato de España de Pista cuberta desenvolto en Ourense, non deixaría indiferente a ninguén. Os que tiveron o privilexio de poder asistir e presenciar en directo o expectacular campionato, poideron sentir, vivir e palpar en vivo todo o rebulir de emocións vividas en cada unha das apaixoantes probas e concursos disputados no sintético de Expourense, onde os nosos e as nosas atletas contribuirían a dar máis intensidade a cada un dos instantes do máxico evento deportivo.

Sen lugar a dúbidas un deses instantes foi o momento no que o Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos facía entrega a Solange Pereira con todo e estadio ovacionando, dunha placa como recoñecemento, admiración e gratitude a toda a súa traxectoria deportiva defendendo as cores da camiseta da Selección Galega e aportanto toda unha serie de valores que fan desta atleta unha das máis queridas e admiradas polo atletismo galego.

O propio Presidente da FGA indicaba que “… máis alá dos excelentes e grandes logros deportivos, Soli Pereira representa todos aquelos valores que o atletismo encarna e transmite comezando pola súa humildade, seguindo pola seu traballo e sacrificio, e rematando co seu firme compromiso cara un atletismo e unha selección galega á que sempre estivo disposta a axudar”

Lembramos que Solange Pereira naceu na localidade portuguesa de Valença, mudándose de moi nova as Illas Canarias lugar onde apostaría polo atletismo e comezaría a súa andaina con ficha insular. Logo duns anos asentada en Cangas, faría ficha por Galicia onde deixaría unha pegada moi forte entre atletas e afeccioados/as, volvendo novamente este ano ós seus orixes.

A mediofondista sería internacional en 11 ocacasións, representando a España nos pasados mundiais de Londres no 2017. Ademáis delo acadaría o título de campiona de España nas probas de Milla en Ruta e 1.500 m. en sete ocasións (da categoría Sub23 ata a absoluta) logrando en Ourense a pasada fin de semana o bronce nos 1.500 m.

O artigo O atletismo Galego recoñece a Soli Pereira publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O atletismo Galego recoñece a Soli Pereira

Mas noticias relacionadas