O atletismo máster celebra o seu autonómico de lanzamentos longos

Publicado por: F.G. Atletismo

As pistas do CGTD de Pontevedra serán novamente escenario do desenvolvemento do Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos  reservado para atletas da categoría máster.

A cita que estará desenvolvéndose en dobre xornada desde as 10.00 ata as 18.00 horas, contará ca participación das e dos especialistas máis importantes do noso deporte en cada unha das súas categorías.

Entre os mesmos haberá presenza de medallistas en campionatos de rango internacional, estatal e galego da pasada tempada entre os cales poderemos ver a Xulio Ventín da Gimnástica concursando sobre o disco e martelo; Javier Viteri do Samertolameu en disco, martelo e xavelina; Jorge Rodríguez do Atletismo Narón en martelo e disco así como os atletas de A Silva José Domínguez en disco e xavelina, Manuel Núñez en disco e martelo e Carlos Almudí en martelo.

Pola súa banda, na categoría femenina estarán tamén as campioas galegas do 2022, Loreto Brea da Gimnástica en martelo; as atletas do Atletismo Sada Tita Janeiro en disco e xavelina e Irene Fernández en disco e martelo, e as lanzadoras de  A Silva, Ana Abuín en disco e martelo e Mª Angeles Rodríguez en martelo e xavelina.

 

O artigo O atletismo máster celebra o seu autonómico de lanzamentos longos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O atletismo máster celebra o seu autonómico de lanzamentos longos

Mas noticias relacionadas