O Barco agarda ós/ás atletas 10

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana as pistas de Atletismo de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras serán a sede onde se dispute o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.

Nesta cita poderán intervir atletas das categorías Sub16 en adiante, incluidos máster, situados nos oito primeiros postos do ranking galego no  presente ano.

Entre a relación de participantes destacan a dos atletas absolutos do Celta Alicia Merino e a do subcampión galego o ano pasado Adolfo Saínz Maza. Na categoría Sub18 Andrea Villaverde da Gimnástica, bronce o ano pasado, estará na mesma categoría que a do actual campión galego Aitor Fernández da Atlética Lucense quen defenderá o título. Por último Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo, que recentemente lograría a medalla de bronce no Campionatro de España de Hexathlon da súa categoría, tamén estará tomando parte nesta cita autonómica

As probas darán comezo as 11.30 horas do sábado para rematar as 14.00 horas do domingo.

O artigo O Barco agarda ós/ás atletas 10 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O Barco agarda ós/ás atletas 10

Mas noticias relacionadas