O Campionato de España toma medidas

Publicado por: F.G. Atletismo

Un novo e inusual Campionato de España absoluto individual de aire libre celebrarase os días 12 e 13 de setembro en varias sedes logo de ser aprobado pola Xunta de Goberno da RFEA. O citado campionato desenvolverase simultáneamente en catro instalacións da Comunidade de Madrid e onde Vallehermoso, Getafe, Alcobendas e Moratalaz acollerán parte do calendario de actividades.

A cita ven marcada pola excepcioal situación de pandemia que fará que se extremen e apliquen todas cantas directrices sanitarias dicten as autoridades competentes.

Por tal motivo unha das medidas que a RFEA aplicou  para esta edición, foi o de encarecer as marcas mínimas cara unha redución do número de atletas que poderán tomar parte nos mesmos.  Deste xeito todas as probas agás a lonxitude, martelo, marcha,  peso na categoría masculina e  xavelina na femenina, experimentaron importantes endurecementos que limitarán moi notablemente a presenza de atletas sobre o sintético neste ano tan cheo de excepcionalidades.

Normas xenerais de participación en Campionatos de España individuais

O artigo O Campionato de España toma medidas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O Campionato de España toma medidas

Mas noticias relacionadas