O Circuito da Costa da Morte tamén bota o peche

Publicado por: F.G. Atletismo

Logo da cancelación oficial a semana pasada do VIII Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, a organización do VII Circuito 2020 Correndo pola Costa da Morte acaba de facer público o seguinte comunicado “Dende a organización do circuíto, comunicámosvos a cancelación da presente edición 2020 pola imposiblidade de desenvolver as diferentes probas pola crise sanitaria da COVID-19” da mesma maneira o citado comunicado sinala “… aproveitamos a ocasión para agradecervos a inestimable axuda prestada para poder levar a cabo este humilde proxecto, como patrocinadores e colaboradores do mesmo”

Esta cancelación supón un pequeno paréntese desta iniciativa que xurdiría fai seis anos ca idea de vertebrar e dinamizar social e deportivamente a través do atletismo, os distintos concellos que integran a zona, convertíndose nuns dos máis importantes de cantos se organizan na nosa Comunidade.

Na actualidade o Circuito estaba formado por un total de dez probas, promovidas e organizadas polos Concello de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Circuito Costa da Morte

O artigo O Circuito da Costa da Morte tamén bota o peche publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O Circuito da Costa da Morte tamén bota o peche

Mas noticias relacionadas