Publicado por: F.G. Atletismo
Esta fin de semana disputase a terceira e última xornada do I Circuito Galego de Lanzamentos longos que por espazo de tres xornadas se estivo desenvolvendo na Cidade Deportiva Vista Alegre do Concello de Ordes. Precisamente baixo o patrocinio do Concello ordense, prevese que preto de medio milleiro de inscritos pasen por estas instalacións ao longo destas tres xornadas que arrincaban o pasado 12 de xaneiro e que tiñan a súa continuidade o 01 de febreiro.
Ca celebreracion deste circuito, pretendese incrementar e ampliar a oferta dos lanzamentos entre un colectivo moi importante no noso atletismo, que en numerosas ocasións, non conta con idénticas posibilidades á hora de competir en comparación co resto de sectores. Entre os principais atrancos que atopamos están entre outros, a falta de infraestructuras en condicións ou as limitacións e normativas das propias instalacións.
Lembramos que este circuito está aberto aos lanzamentos de disco, martelo e xavelina de ambas categorías podendo tomar parte todos aqueles atletas das categorías Sub16 en adiante que conten con ficha federada.
O prazo para inscribirse na última xornada do sábado, péchase no día de hoxe ás 20:00 horas
Os líderes absolutos
Ata o memento, e falta desta última proba, encabezan este circuito na categoría absoluta os seguintes atletas:
- Disco homes. Eloy Acuña 48.49 m.
- Disco mulleres. Evelin Fernández 38.72 m.
- Martelo homes. Carlos Almudí 57.76 m.
- Martelo mulleres. Aixa Corbacho 57.50 m.
- Xavelina homes. Alex César 54.55 m.
- Xavelina mulleres. Antía Otero 38.46 m.
O artigo O I Circuito Galego de lanzamentos longos, remata este sábado en Ordes publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: O I Circuito Galego de lanzamentos longos, remata este sábado en Ordes
