O resultados femininos convértense no motor do atletismo galego

Publicado por: F.G. Atletismo

Logo  do remate do Campionato de España desta fin de semana en La Nucia onde os nosos/as representantes acadarían un total de once medallas, ponse practicamente peche a esta tempada de verán a falta da importante cita mundialista en Doha.

Como sempre, o ranking nacional elaborado en base ós distintos rexistros oficiais establecidos ó longo de toda a tempada, establece as distintas posicións acadadas por todos os atletas, servindo de excelente termómentro para comparar a evolución dos distintos sectores, probas e demáis  variables que se desexen medir.

Tendo presente esta pequeña mostra, como principal conclusión vemos como o atletismo feminino convértese no principal impulsor do atletismo galego, acaparando un 69,2% neste top10 do ranking nacional, refrendado todo elo ca presencia tanto de Ana Peleteiro en triplo como de Saleta Fernández en altura, únicas líderes das súas respectivas probas.

En canto a importancia dos sectores, as carreiras acaparan o porcentaxe máis amplo de presencia nestos postos cun 34,61% seguidos dos lanzamentos con 30,7%, saltos con 26,9% e a marcha e combinadas co 3,84% cada un. Por probas ben sendo a xavelina e a lonxitude as quen conten cunha maior presenza de atletas galegas/os con catro (15,3%)

Notable é a aparición de catro atletas que figuran en varias probas neste listaxe como son Carmela Cardama e Esther Navarrete nos 5.000 m. e nos 10.000 m.;  Adrián Ben nos 800 e 1.500 m. e Ana Peleteiro tanto no triplo como na lonxitude.

Practicamente a totalidade de todos cantos forman esta lista, – e malia que con ficha tramitada por Galicia-, militan en clubs de fora da nosa Comunidade sendo o F.C. Barcelona e Valencia Esports os principais receptores de galegos e galegas en canto a número de fichaxes con catro para cada entidade. Das galegas tan só Andrea Gonzalez na Gimnástica, Irene Gómez e Olaia GuiselaBecerril no A.F.  Celta, Lidia Parada no Barbanza e Carmela Cardama no Comesaña permanecen en clubs galegos.

 

 

O artigo O resultados femininos convértense no motor do atletismo galego publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: O resultados femininos convértense no motor do atletismo galego

Mas noticias relacionadas