Os Sub-16 citánse co seu autonómico do sábado

Publicado por: F.G. Atletismo

Logo do magnífico campionato de España Sub-20 que se viviría o pasado fin de semana en Ourense, continúa a actividade baixo cuberta que encara pouco a pouco o seu último treito.

Este sábado día 10 e a partir das 16.00 horas, dará comezo os XXXI Campionatos de Galicia Sub-16 reservado para todos aqueles atletas que teñan establecidas algunhas das marcas mínimas fixadas para poder tomar parte nos mesmos.

Salientamos a participación de destacados deportistas tales como Lope Quinteiro do Vila de Cangas quen tomará parte nos 600 m. (17.25 horas) cun rexistro acreditado este ano de 1:28.62. Xunto el competirán na mesma proba os atletas do Franciscanos Alvaro López e Iker González con 1:29.34 e 1:29.54, poidendo tomar parte este último atleta tamén na proba dos 1.000 m. (19.05 h.). Pola súa banda a atleta do AVA Carolina Santos Villalón parte como clara na favorita na proba dos 1.000 m. (18.50 horas) onde este ano acreditaría un tempo oficial de 3:06.01

Será o líder do ranking nacional Hugo García da Sociedad Gimnástica con 9:03.48 quen encabece a relación de atletas participantes dos 3.000 m. (20.15 h.) ó mesmo que Belén García do ADAS Proinor, quen non debería ter problemas nos valados grazas os seus 9.18 as 19.25 horas

Xa nos concursos destacada presenza en pértega  (17.10 h.) de Aitor Fernández da Atllética Lucense que ben de saltar este ano 3.45 m. e na que de novo Lope Quinteiro porá a calidade en peso as 17.40 horas. O mesmo ocurre con Lucía Couselo do Riazor Coruña en altura abrindo o campionato e Lola Bouza do ADAS-Proinor en pértega. Interesantes duelos serán os que presenciaremos na lonxitude as 17.20 h. na que saltarán Carla Mourelle do Lucus Caixa Rural que ten acreditados 5.15 m.e Alba Cuns do Atletismo Negreira con catro centímetros menos. Por último en peso (16.15 h.)  Paula Piñón do Atletismo Friol con 11.37 m. e Erea Bastón do Vila de Cangas con 11.14 m. garantizarán un gran espectáculo no círculo de lanzamentos ás 16.15 horas.

O artigo Os Sub-16 citánse co seu autonómico do sábado publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os Sub-16 citánse co seu autonómico do sábado

Mas noticias relacionadas