Publicado por: F.G. Atletismo
Este sábado, as pistas compostelanas da USC celebraron o último campionato Xunta de Galicia de verán en pista ao aire libre na que estiveron tomando parte os mellores atletas galegos e galegas da categoría Sub20
Nesta ocasión, o excesivo vento que castigou aos participantes ao longo de todo campionato, erixiuse como protagonista dunha competición na que malia elo, poideronse ver actuacións destacadas.
Unai Loureiro do Riazor, nun excelente estado de forma, lograba os títulos autonómicos tanto nos 100 m. con 11.20 como no concurso de lonxitude con 7.09 (+3.0)
Martina Gutiérrez do Celta Atletismo, lograba tamén o triunfo sobre os 100 valos con 15.62, altura con 1.58 e triplo con 11.58 m.
Nos lanzamentos Gema Dacosta do Vila de Cangas facía seus os concursos de disco 33.98 m. e peso con 9.98 m. ao igual que a internacional Aixa Corbacho o martelo con 57.92 e Lara Iglesias do Barbanza ca xavelina con 45.21 m. Pola súa banda, na categoría masculina Eloy Acuña da Gimnástica, proclamábase campión galego en peso con 12.47 m. e disco con 36.92 m.
No resto de actuacións, compre salientar a excelente proba dos 400 m. masculina na que os tres primeiros clasificadoos baixaron dos 49 segundos e onde o triunfo fpo para Lucas Vázquez do Barbanza con 48.22, seguido de Iago López do Riazor con 48.95 sendo terceiro Miguel García do Celta Atletismo con 48.99.
Pilar Rojo do Riazor remataba os 1.500 m. nuns bos 4:43.10 polos 1:06.01 de Alicia Barreiro do Ria Ferrol nos 400 valos
Salientables tamén foron os rexistros dos 110 valos que malia competir contra -2,8 de vento en contra, o gañador Pablo García do ADAS CUPA, remataba a proba cuns bos 14.78 polos 14.98 de Leo Rodríguez do Celta Atletismo atleta este que ademáis, lograba o campionato sobre os 400 valos en 56.17
Nos 5.000 marcha e no triplo autonómicos para Andrés González do Celta At. con 22:30.86 e para Gonzalo Cuns do At. Negreira quen chegaba ata os 14.64 (+2.9). Nos lanzamentos puxéronse de acordo tanto Xaido Nimo do Celta At. como Enzo López do Barbanza en xavelina, para aproveitar a súa quinta rolda e lograr sendas MMP con 59.29 m. e 61.18 m. respectivamente
Xa por último nas remudas dos 4×100, o C.A.Sada en homes con 47.28 e Lucus Caixa Rural en mulleres con 51.03 subían ao máis alto do podio desta especialidade.
O artigo Os Sub20 pechan os autonómicos de verán publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Os Sub20 pechan os autonómicos de verán
