Os Xogos de París-24 agardan a Dolores Rojas e Loreto Pérez

Publicado por: F.G. Atletismo

Fai unh datas a a World Athletics facía pública a relación de xuíces designadas e designados oficialmente para tomar parte nos vindeiros Xogos Olímpicos de París-24 do vindeiro mes de agosto.

Nunha relación, á que acudirán por parte de España cinco xuíces, dous corresponden ás galegas e internacionais Dolores Rojas e Loreto Pérez.

Para Dolores Rojas esta designación representan nada menos que os seus cuarto xogos logo de ter tomado parte nas edicións de Atenas-04, Londres-12 e Tokio-20 o que a convirten por palmarés, na xuíza galega máis importante da historia do noso deporte.

A súa traxectoria, moi ligada á marcha,  fai dela unha peza clave para entender a evolución do G.P. Internacional de Marcha Cantones de A Coruña que conta desde o 2019 ca distinción de Patrimonio Mundial do Atletismo outorgada pola World Athletics. A maiores conta cun dilatado palmarés no que acumula un bo número internacionalidades así como numerosos cargos de responsablidade a nivel federativo.

Outra das galegas que estará presente na capital francesa é Loreto Pérez quen está designada para tomar parte como xurado de apelación.

A súa traxectoria daba comezo no ano 1989 a raíz do cal  iría acumulando unha ampla experiencia e ascensos que a farían asistir a citas internacionais tales como o Campionato Mundial Universitario en China, o Campionato do Mundo de Budapest e o Campionato de Europa de Pista cuberta en Belgrado. De igual modo tomaba parte no Campionato do Mundo Sub20 celebrado en Colombia, actuando como delegada técnica en numerosos encontros internacionais nos últimos anos.

Na actualidade ámbalas dúas son xuíces nivel 3 RFEA, estando a nivel internacional no máximo escalafón da súa categoría, World Athletics Referee Gold Level.

Xuíces galegos en xogos olímpicos

O debut de xuíces galegos e galegas nuns xogos olímpicos, remóntase a unha data relativamente recente xa que foi na edición de Barcelona-92, onde acudiron por vez primeira nada menos que un total de 17 das nosas e nosos representantes. Desde entón, tan só Dolores Rojas repetiría designacións nos certames de Atenas-04, Londres-12 e Tokio-20 sumando novemente catro anos despóis, o que serán os seus cuartos xogos en París-24 xunto a Loreto Pérez Román quen, pola súa banda, debuta nunha cita olímpica.

(Na foto de portada, Loreto Pérez esquerda e Dolores Rojas dereita)

O artigo Os Xogos de París-24 agardan a Dolores Rojas e Loreto Pérez publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Os Xogos de París-24 agardan a Dolores Rojas e Loreto Pérez

Mas noticias relacionadas