Ourense viviu a antesala do nacional cos seus autonómicos

Publicado por: F.G. Atletismo

A pista cuberta de Expourense viviría unha fin de semana moi intensa ca celebración dos Campionatos de Galicia Sub-18 e Sub-20 na xornada do sábado e do Sub-10, Sub-12 e Sub-14 na xornada do domingo que enchería por completo o recinto atlético de participantes e público.

O sábado darían comezo as probas as 11.00 horas nun campionato a dobre xornada na que presenciaríamos o último ensaio xeral de moitos dos nosos representantes que tomarán parte no nacional do vindeiro fin de semana.

Entre as actuacións destacadas salientamos a Nerea Iglesias do Fontes do Sar quen se imporía nas probas de velocidade ó gañar os 60 m. e 200 m. con 7.87 e 25.70 respectivamente. Na categoría masculina Demba Sanyang do Narón farían o propio logo de impoñerse nos 200 m. con 22.91 e nos 400 m. con 51.75.

Bo campionato Sub-20 para Javier Mañana do Coruña Comarca impoñéndose nos 200 m. con 22.90 sendo segundo nos 60 m. con 23.18 nunha proba gañada por Santi Represas do C.A. Sada con 7.13. Mesmos metáis nas mesmas probas para Claudia Torres do Ria Ferrol con con 8.04 e 24.95 respectivamente.

Azziz Saidi do Ria Ferrol gañaría os 800 m. con 2.03.00 acadando a prata nos 400 m. con 52.07. Lucía Cardesín do Celta proclamaríase campioa galega na proba dos 800 m. con 2.26.32 acadando a súa vez o bronce nos 400 m.con 1.02.76.

A internacional celeste Eva Queimaño ca mirada posta nas combinadas do nacional gañaría o concurso de altura con 1.61; 60 m.v con 9.21 e a lonxitude con 5.12 m.

Seguindo cos concursos,  Pablo Saa do A. Santiago domiñaría a lonxitude con 6.45 m. cedendo un posto no triple ante Alexandre Barreiro do Lucus Caixa Rural Galega con 13.67 polos 13.17 do santiagués.

En saltos o celeste David Lorenzo domiñou en pértega con 4.05 m. acadando o bronce nos 60 v. con 9.70 nunha proba gañada por Santi Rozas do Lucus con 9.21

Xa na xornada do domingo ambente xeralizado de festa atlética e na que como era de agardar a estrea deste campionato nas novas instalacións, traería a consecución de varias mellores marcas entre as que cabe salientar as do sector de  velocidade da categoría Sub-12 a cargo de Daniel Salgueiro do Coruña Comarca con 8.66 e de Rocío García do Marineda con 8.92. De igual modo e na mesma distancia, pero na categoría Sub-14 feminino mellor marca para Sabela Míguez do Ourense Atletismo con 8.43

Nos valados estableceríanse dúas mellores marcas autonómicas na categoría Sub-14 a cargo de Abril Entenza do Vila de Cangas con 10.17 e de Martiño Caneda da A. Silva con 10.24.

Alex Sierpes co seu rexistro nos 1.000 m. de 3:13.32 establecería unha mellor marca autonómica na categoría Sub-12 ó igual que Manuel Caracuel do Fontes do Sar con 1.06 m no concurso de altura Sub-10.

Por último Erea Bastón do Vila de Cangas na categoría Sub-14 marcaría un novo rexistro con 11.14 m. no concurso de peso.

Resultados xornada do sábado

Resultados xornada do domingo

O artigo Ourense viviu a antesala do nacional cos seus autonómicos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ourense viviu a antesala do nacional cos seus autonómicos

Mas noticias relacionadas