Pistas Monterrei.

Publicado por: Ourense Atletismo

Dende o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, en relación ó uso das Pistas Josefina Salgado no Complexo Polideportivo de Monterrei fan constar que, o venres 14 de maio, en horario de 18,30 a 20 horas terá lugar no Complexo Deportivo de Monterrei a realización de probas físicas a un grupo de árbitros de fútbol.

O sábado día 15 de maio terá lugar nas pistas do Complexo Deportivo de Monterrei una competición de atletismo organizada polo Club Deportivo A Purísima en horario de 10,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,30 horas.

O que se comunica para coñecemento dos atletas federados.

La entrada Pistas Monterrei. apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: Pistas Monterrei.

Mas noticias relacionadas