Publicado por: F.G. Atletismo
Os lanzamentos longos, contaron esta pasada fin de semana cun protagonismo importante durante a disputa do autonómico Sub20, Sub18 e Sub16 que se celebrou en Pontevedra e na Estrada.
Os primeiros en abrir o campionato foron os Sub18 e Sub20 que durante o sábado estiveron lanzando nas instalacións pontevedresas do CGTD. Nas mesmas, o máis destacado foi o rexistro de 63.28 m. acadado polo internacional Hugo Casañas no concurso de disco, que o sitúan de líder destacado do ranking RFEA.
Pola súa banda excelente actuación do Sub18 Javier Cid, sobrepasando a barreira dos 62 metros por dous centímetros e logrando tamén o liderato de España do concurso de martelo. Outro dos atletas que melloraban o seu rexistro personal foi o Sub20 Anxo Filgueira do At. San Sebastián, chegando ata os 57.63 m. no concurso de martelo (6Kg.)
En mulleres Sub18, Lidya Valdés do At. Sada escala ata os postos Top-3 do ranking grazas aos 55.46 m. en martelo. Pola súa banda Aitana Capeáns do Sanysec-Ourense lograba no seu terceiro lanzamento en disco un bo rexistro de 38.35 m.
Xa no campionato Sub16 do domingo na Estrada, Gabriela Bouzada do Celta At., convertíase na máis destacada logo de lanzar a xavelina ata os 40.33 m. que a sitúan a tan só catro centímetros do liderato de España.
Campioas e campións por categorías
Categoría Sub16
- Disco. Angela Lendoiro (At. Narón) 38.24 e Mario Casal (Sanysec-Ourense) 41.30
- Martelo. Carla Vázquez (A.Viguesa) MMP 27.60 Alan Cadavid (Ames At. Savante) 50.78
- Xavelina. Gabriela Bouzada (Celta At.) 40.33 e Antón Díaz (At. Naron) 36.96
Categoría Sub18
- Disco. Aitana Capeáns(Sanysec-Ourense) 38.35 e Hugo Casañas (P.Castellón) 63.28
- Martelo. Lidya Valdés (At. Sada) e 55.46 MMP Javier Cid (Sanysec-Ourense) 62.02 MMP
- Xavelina. Lara Pereira (BCHS) 38.31 e Manuel Eirin (Sanysec-Ourense) 46.18
Categoría Sub20
- Disco. Eloy Acuña (S.Gimnástica) 39.42
- Martelo. Marta Hermida (Celta At.) 41.09 e Anxo Filgueira (At.S.Sebastián) 57.63 MMP
- Xavelina. Antía Otero (At. Sada) 32.43 Alex César (AA Mazí) 50.95
Foto xentileza de Mónica Guede
O artigo Pontevedra e A Estrada acolleron importantes citas de lanzamentos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Pontevedra e A Estrada acolleron importantes citas de lanzamentos
