Pontevedra e Oleiros acolleron dúas importantes citas autonómicas

Publicado por: F.G. Atletismo

Esta fin de semana tanto as instalacións do Inef de Oleiros como as do CGTD de Pontevedra, foron sedes da disputa dos Campionatos de Galicia de Clubs de Probas Combinadas e do Campionato de Galicia de Pentathlon de lanzamentos máster respectivamente.

Os eventos que gozaron dunha climatoloxía xa propia do verán, daban o triunfo en Oleiros ao clubs do Atletismo Narón na categoría masculina e a do Atlética A Silva na categoría feminina. Xunto aos naroneses ocuparían postos de podio A Silva e Gimnástica así como Atletismo Santiago e novamente as pontevedresas da S.Gimnástica na categoría femenina.

No tocante ao autonómico de pentathlon de lanzamentos máster disputado na cidade de Pontevedra os gañadores e gañadoras individuais de cada categoría foron as/os seguintes:

  • F40. Mª Teresa Janeiro (C.A.Sada) con 2.283 p.
  • F45. Mª José Fraga (A Silva) con 1.972 p.
  • M45. Carlos Almudí (C.A. Narón) con 3.247 p.
  • F50. Marta Sureda (Samertolameu) con  2.593 p.
  • M50. Juan Núñez (A Silva) con 2.190 p.
  • M55. Javier Viteri (Samertolameu) con 2.946 p.
  • F60.  Ana Abuín (A Silva) con 2.542 p.
  • M60. Xulio Ventín (S.Gimnástica) con 3.776 p.
  • F65. Emilia Mesa (Ourense At.) con 2.521 p.

O artigo Pontevedra e Oleiros acolleron dúas importantes citas autonómicas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Pontevedra e Oleiros acolleron dúas importantes citas autonómicas

Mas noticias relacionadas