Presentouse a XVI Coruña-10

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe tivo lugar a presentación en María Pita da XV Carreira Popular A Coruña-10 que contou ca presenza da Concelleira responsable do área de deportes Mónica Martínez e a do Presidente da FGA Isidoro Hornillos.

Durante a mesma destacouse o gran número de atletas inscritas e inscritos ata o momento o que pon de de manifesto a consolidación e importancia desta clásica no calendario de ruta na nosa comunidade.

De igual modo fixose fincapé nas importantes novidades que se producirán nesta edición entre as que cabe citar a dun cambio no circuito na procura de facelo un dos máis rápidos de todos cantos se celebran a nivel estatal. De igual modo, e según se destacaba na presentación, o novo trazado busca achegar ao maior número de persoas participantes posibles para o cal se abrirá ás zonas máis emblemáticas da cidade.

Tanto a saída como a meta serán na zona do Parrote-A Dársena, recuperándose as carreiras de menores aunsentes da regulamentación desde o 2019.  No tocante ás premiacións, existen importantes premios en metálicos para os primeiros clasificados así como tamén para os mellores atletas españois, galegos e coruñeses/as.

Inscripcións

  • Prazo reducido : ata o 10 de abril: 6 €
  • Prazo ordinario: ata o 17 de abril: 10 €
  • Prazo extraordinario: desde o 18 ao 19 de abril ata ás 23.59 horas do cunha cota de 20 €.

Carácter solidario ca guerra de Ucranía

Ao remate da carreira están organizades unha serie de actividades solidarias cuxa finalidade será recadar fondos para a ONG AGA-Ucraína

O artigo Presentouse a XVI Coruña-10 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Presentouse a XVI Coruña-10

Mas noticias relacionadas