Presentouse en Ourense o Campionato de España de clubs Sub20

Publicado por: F.G. Atletismo

No día de hoxe tivo lugar en Expourense a presentación do Campionato de España de clubs Sub20 de pista curta que a partir das 16:00 horas do sábado, xuntarán no sintético ourensá aos oito mellores equipos do Estado na procura deste importante trofeo.

Na presentación estiveron presentes Mario González,Director Deportivo de Expourense; Jose Antonio Álvarez, membro do Comité organizador; Eladio Gómez, vicepresidente da FGA; Anibal Pereira, Concellal Deportes de Ourense; Quique Alvarez, Asesor Deportes Deputación Provincial; Manuel Pérez, Delegado Deportes da Xunta de Galicia en Ourense; Oscar Seoane, Presidente do Ourense Atletismo e Rogelio Martínez, Director de Expourense

Ourense Atletisno equipo anfitrión e organizador

Entre os clubs participantes que se darán cita figura a presenza do Club Ourense Atletismo que tomará parte en ambas categorías exercendo ademáis, as funcións de club organizador. Xunto aos locais tomarán parte  o F.C Barcelona; Facsa Praias de Castelló; Trops-Cova de Nerja; A.D. Marathon; Super Amase BAT; Atletismo Alcorcón e DELSUR Coop A Palma en homes, así como F.C Barcelona; Facsa – Praias de Castelló;  Deputación Valencia C.A; Trops-Cova de Nerja;  A.D. Marathon; Real Sociedade e A.D. e Sprint en mulleres, sumando entre todos un total de 192 atletas.

O Facsa Playas de Castellón parte a priori como un dos claros favoritos a reeditar o triunfo logrado o ano pasado, sumando na actualidade, dazanove títulos na categoría masculina e trece na feminina.

Por parte galega, o único equipo galego que ao longo das trinta e dúas edicións de campionato conseguía un título, foi o conxunto feminino do RIA Ferrol no ano 2004 . Para este sábado, e malia ao gran potencial dos participantes, o Ourense Atletismo aspira a facer un bo papel diante da súa afección e público, de maneira especial, o combinado feminino, que conta con máis posibilidades de acadar un dos postos importantes da clasificacion final.

Varios campións de España en Ourense

Competirán en Ourense catro campións de España Sub20 de Aire Libre entre os cales está a local Manuela Blanco en pértega. De igual modo tamén estarán varios medallistas nacionais e internacionais Sub18 galegos como Hugo Casañas en peso, Sabela Castelo nos 3.000 m. ou Iria Solera en altura.

Información do Campionato

O artigo Presentouse en Ourense o Campionato de España de clubs Sub20 publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Presentouse en Ourense o Campionato de España de clubs Sub20

Mas noticias relacionadas