![](http://deportegalicia.es/wp-content/uploads/2018/12/VII-Liga-Galega-de-Inverno-de-Categorías-de-Menores-ABANCA-1.jpg)
Publicado por: Ourense Atletismo
![](https://clubourenseatletismo.es/blog/wp-content/uploads/2018/12/VII-Liga-Galega-de-Inverno-de-Categorías-de-Menores-ABANCA.jpg)
A principal actividade atlética do sábado será no recinto ferial de Expourense, onde está situada a Pista Cuberta. Desta volta a Federación Galega de Atletismo organiza a Fase Final da VII Liga Galega Abanca Categorías Menores de Inverno, na pista cuberta de Expourense. Poderán intervir os equipos clasificados da primeira fase. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do xoves 20 de decembro.
Limitación na inscrición: Cada atleta poderá realizar un máximo de dúas probas (non podendo realizar o 500 e o 1000). O relevo conta como proba. En cada proba puntuaran dous atletas por entidade. Na categoría sub10 e sub12 os clubs poderán deixar sen cubrir unha das probas. Na categoría sub14, poderán deixar sen cubrir duas das probas. O límite de participacións de clubs asociados e de dous en sub10 e sub12 e 4 en sub14.
Desta volta a disputa das categorías sub10 e sub12 será de mañá e a de sub14 será en xornada de tarde.
![](https://clubourenseatletismo.es/blog/wp-content/uploads/2018/12/XXXV-Copa-Deputación-Ourense-Atletismo-1ª-Xornada-2018-724x1024.jpg)
Xa o domingo en xornada de mañá vaise celebrar a 2ª xornada da XXXV Copa Deputación de Ourense. As inscripcions faranse pola intranet da RFEA tendo coma límite ata as 23:59 h. do luns, 17 de decembro. Aceptarase as inscricións
primeiro dos atletas de Clubs da Provincia de Ourense e logo do resto de participantes (por mellor marca acreditada) ata completar o número de participantes previsto en cada proba, asemade nas probas conxuntas aceptaranse a metade de participantes de cada sexo.
Enlace con la noticia original: Probas Atléticas na Pista Cuberta.