Prográmase unha sesión técnica do Sector de Lanzamentos

Publicado por: F.G. Atletismo

A proposta do responsable do sector de lanzamentos Raimundo Fernández, convócase a vintesete atletas das categorías Sub14 ata Sub20 a unha sesión técnica no INEF Galicia de Bastiagueiro. A cita será este sábado día 27 nos horarios de 11.30 a 13.30 h. contando ca coordinación de Pepe Domínguez e a presenza do cinco veces olímpico e adestrador Frank Casañas.

Con esta xornada técnica, reactívase presencialmente o Plan Galego de Tecnificación Atlética 2021 que estivo sen desenvolverse como consecuencia da situación sanitaria.

Como é costume, están convidados os adesteradores/as personais das e dos atletas convocados, sendo indispensable, e como único requisito, o de confirmar obrigatoriamente a asistencia (tanto de adestradores como de atletas) na ligazón de confirmación antes das 20.00 horas do xoves día 22

Convocados, declaración responsable e autorizacións (para os menores de idade)

O artigo Prográmase unha sesión técnica do Sector de Lanzamentos publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Prográmase unha sesión técnica do Sector de Lanzamentos

Mas noticias relacionadas