Protagonismo para as categorías base

Publicado por: F.G. Atletismo

Importante fin de semana para as categorías base do atletismo galego ca disputa de dúas destacas citas que terán a Lugo e a Soria como focos de atención.

Para comezar as Pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera celebrarán o sábado a disputa do XIII Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 Torre de Núñez, á que acuden preto de 800 atletas achegados de todas as delegacións da nosa comunidade. Será sen lugar a dúbidas un fermoso  campionato o que poderemos presenciar e na que se agarda unha moi boa entrada nas bancadas do Gregorio Pérez. Nesta numerosa cita, e como dato, os Clubs do Ourense Atletismo, ADAS Proinor e Vila de Cangas son as formacións que máis atletas aportan nas distintas compiticións e categorías

As probas desenvolveranse nunha soa xornada de mañán dando comezo as 10.00 horas para rematar sobre as 14.00 h.

O outro foco de atención terémolo a 530 km. onde as pistas sorianas de Los Pajaritos darán acollida o sábado e domingo ó Campionato de España individual Sub14 ca presenza dun total de 20 atletas galegos. Lembramos que neste campionato os participantes están obrigados a tomar parte en tres probas, para o cal estabrécense cinco posibles combinacións a escoller en formato de triathlon. O sistema de clasificacion será determinado a través da táboa internacional.

Campionato de España Sub14

Campionato de Galicia Sub10 e Sub12

O artigo Protagonismo para as categorías base publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Protagonismo para as categorías base

Mas noticias relacionadas