Queimaño e Saínz Maza, domiñaron o galego de combinadas

Publicado por: F.G. Atletismo

Baixo un calendario oficial de probas ateigado de grandes citas, desenvolveríase no módulo cuberto de Lugo esta fin de semana o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.

Nesta edición os títulos corresponderían ós atletas internacionais do Celta, Eva Queimaño con 3.120 puntos e Adolfo Saínz Maza, con 4.698 p. quenes cumpriron os pronósticos proclamándose campións galegos absolutos.

A celeste tan só cedería no concurso de altura que sería gañado por Lucía Seijas (bronce con 2.666 puntos) así como na proba dos 800 m. na que sería superada por Raquel Martínez quen acadaría pola súa banda o subcampionato de Galicia con 2.925 p.

A atleta Sub16 do Franciscanos de Lugo Lucía Sánchez del Valle sería outra das destacadas xa que establecería no concurso de Pentathlon unha puntuación de 3.240 puntos o que podería representar (á espera do que determine o CGX) un novo récord galego Sub16.

Nos homes Adolfo Saínz Maza domiñaría o concurso de lonxitude con 6.52 m.; peso con 11.54 m. e altura con 1.92 m. sumando un total de 4.698 puntos. O subcampionato de Galicia iría parar as mans de Francisco López da Gimnástica, dominador das carreiras dos 60 m.l. con 6.22; 60 m.v. con 8.31 e dos 1.000 m. con 2:57.28, correspondendo o bronce para Alejandro Romero do Atletismo Narón con 4.025 puntos.

No resto de categorías os gañadores serían os seguintes:

  • Categoría Sub18: Andrea Reija do A.F. Celta con 2.991 p. e Yago Boleas da S.Gimnástica con 4.209 p.
  • Categoría Sub20: Mario Cabaleiro do C.A. Santiago con 3.735 p.
  • Categoría máster masculino: Juán Luis Paz do Hyunday La Blanca con 3.112 p.; Fernando Míguez do C.A. Sada con 2.280 p. e Javier Viteri do Ourense Atletismo con 2.828 puntos
  • Categoría Máster feminino: María Angeles Catón do Durango Kirol con 2.833 p.e Cristina Estévez do A.F. Celta con 2.955p

Resultados

O artigo Queimaño e Saínz Maza, domiñaron o galego de combinadas publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Queimaño e Saínz Maza, domiñaron o galego de combinadas

Mas noticias relacionadas