Resultados control de marcas.

Publicado por: Ourense Atletismo

Os clubes de atletismo O Pino, Millaraio, A Silva, Negreira e Deza organizaron o pasado sábado na pista de Expourense un control federado de marcas. Aproveitando a oportunidade de facer novas e mellores marcas cara a acadar a participación nos diferentes campionatos de España, acudiron a cita varios atletas do noso club.

Nesta ocasión debemos destacar os rexistros  que ademais foron novos récords do club,na proba de 300 mts de Carmen de la Fuente sub-16 (43:20), Pablo Cudeiro sub-16 que igualaría o vixente récord do club na sua categoría na proba dos 60 mts (7.26) e as marcas de Pablo Álvarez sub-18, na proba de 200 mts (24.02) e na proba de 60 mts (7.26). Esta última marca é mínima para participar no campionato de España.

 

Resultados


Enlace con la noticia original: Resultados control de marcas.

Mas noticias relacionadas