RESULTADOS do Trofeo Club Deportivo Aurum (24 marzo, Ourense)

Publicado por: Lucus Atletismo

trofeoaurum240318-.jpg
 
O pasado sábado 24 de marzo tiña lugar na Pista de Atletismo do Campus de Ourense a VII Edición do Trofeo Club Deportivo Aurum, ao que tamén asistiron atletas do Lucus Caixa Rural Galega, segue lendo para enterarte dos resultados!
Os atletas desprazados ata a localidade ourensá foron dous dos nosos fondistas masculinos, para participar na proba dos 5.000 metros, nesta recente tempada ao aire libre que está a comezar.
 
Arredor das 18:00 horas daba comezo a xornada, pero non sería ata máis tarde cando Esteban Iglesias Vila e Kevin Darriba Corral desputarían os 5.000 metros na categoría absoluta masculina, que acolleu preto da vintena de participantes, divididos en dúas series, ás 20:00 e ás 20:30h, e que darían paso aos relevos e ao remate deste evento deportivo.

En canto aos RESULTADOS, boas novas para Esteban Iglesias, que conseguiría mellorar a súa marca persoal baixando o seu tempo dos 15 segundos, cun excelente rexistro de 14:50.90, dándolle o 2º posto na proba e moi boas sensacións. Kevin Darriba situaríase entre os dez primeiros postos, manténdose na súa marca cun tempo de 17:00.44, preto da súa MMP, nesta proba absoluta dos 5.000m.
 
 

resultadosbotn.png
 
Noraboa rapaces, a seguir progresando!!
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS do Trofeo Club Deportivo Aurum (24 marzo, Ourense)

Mas noticias relacionadas