RESULTADOS do XXXIII Campeonato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta

Publicado por: Lucus Atletismo

ctogaliciaabsoluto_resultados_13xaneiro18.png

A xornada de onte, sábado 13 de xaneiro, deixábanos moi bos resultados no XXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta celebrado en Expourense. Numerosas mellores marcas persoais e varias medallas virían da man das e dos atletas que representaron ao Lucus Caixa Rural Galega nesta edición. Seguide lendo para coñecelos!
Na xornada de mañá, Raquel Peña Romero comezaría logrando a medalla de prata na proba de pértega, logo de superar os 3.05 metros que lle outorgaron o 2º posto. Xa pola tarde, Pablo Modia Rodríguez acadaría o 2º posto na proba de salto de lonxitude, conseguindo a medalla de prata cun salto de 6.80, esperando atoparse con mellores sensacións ao longo da tempada. Paralelamente a esta proba, Alicia González Pose facíase co 3º posto peso feminino, levando consigo a medalla de bronce logo de lanzar aos 11.15 metros de distancia.

Xa rematando case a xornada, na final dos 200m.l., Iago Núñez Lugilde acadaría nun tempo de 22.69medalla de bronce, facéndose co 3º posto no podio da proba. Santiago Rozas Trastoy e Miguel Pérez Vázquez loitarían na derradeira proba dos 60m.v. para conseguir subirse ao podio, obtendo o 2º e 3º posto nun tempo de 8.71, recollendo as medallas de prata e bronce.

En resumo, a representación do Lucus Caixa Rural Galega neste Campionato galego absoluto conseguiu volver a casa con seis merecidas medallas, destacando tamén a participación dos demais atletas que non acadaron o podio, pero amosaron un moi bo rendemento e melloraron as súas marcas persoais. 

Podedes ver os RESULTADOS completos e as IMAXES da xornada premendo máis abaixo.

resultadosbotn.png   imaxesbotn.png

Noraboa ás nosas campionas e campións wink.png


Enlace con la noticia original: RESULTADOS do XXXIII Campeonato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta

Mas noticias relacionadas