RESULTADOS e IMAXES do CAMPIONATO PROVINCIAL – ATLETISMO EN PISTA (domingo 20 maio, Lugo)

Publicado por: Lucus Atletismo

ctoprovincial200518-.png
 
Non puideron ser mellores os resultados conseguidos este pasado domingo 20 de maio por todas e todos os atletas da nosa Escola de Atletismo no CAMPIONATO PROVINCIAL de atletismo en pista de XOGADE disputado en Lugo. Seguide lendo para consultar a totalidade de medallas obtidas e as excelentes melloras nas marcas persoais dos/as máis pequenos/as do club, ademáis das imaxes máis divertidas da xornada!!
Nesta última xornada de atletismo en pista de XOGADE, previa ao Campionato de Galicia ao aire libre, citábanse as mellores marcas logo das clasificacións obtidas como resultado das xornadas previas, que tiveron lugar os días 14 e 29 de abril, reuníndose os/as mellores de cada unha das probas nas categorías sub10 (benxamín), sub12 (alevín) e sub14 (infantil). 
 
En canto á categoría sub10, os nosos e as nosas atletas de entre sete e oito anos conseguiron mellorar de lonxe as súas marcas persoais, superando en varios centímetros os resultados cos que se clasificaran para este provincial, froito do seu esforzo e dedicación ao longo da tempada; xornada que rematarían con varias medallas e cun triplete nas probas de triatlón, subindo ao podio os tres atletas presentados na categoría feminina e masculina e rozándoo co relevo feminino, que obtivo a cuarta posición.
 
Os/as de nove e dez anos da categoría sub12, pola súa parte, repartirían as medallas obtidas entre as probas de altura masculina, marcha feminina, medio fondo e o doblete en lonxitude feminina, na que conseguiron o primeiro e segundo postos; con destacada participación nos relevos, nos que as rapazas lograrían facerse coa primeira posición e os rapaces coa terceira no podio.
 
Pero, sen dúbida, sería na categoría sub14, cos/as maiores da Escola de Atletismo, onde chegarían as múltiples medallas na gran parte das probas disputadas, conseguindo en diversas ocasións dobletes e incluso un triplete no podio. Entre algunhas delas destacan as probas de 80 m.v. masculinos, as de medio fondo e fondo femininas (co doblete conseguido nos 1.000m.l.) e as de velocidade, nas que subían ao podio a primeira e segunda clasificadas nos 80m.l., que repetirían logo de rematar nos mesmos postos os 150m.l. Nos saltos e os lanzamentos os resultados non deixarían de mellorar, pois rematarían a xornada con doblete en lonxitude e triple salto femininos e podio tamén nos rapaces, co triple salto e altura masculinos; o mesmo que en peso, en disco (con doblete de podio nas nenas e nos nenos), en xavelina e na proba de martelo, na que o Lucus conseguiu conquistar o podio con todos/as os/as seus atletas participantes. Non relevos non ía ser menos, acabando con medalla de ouro na categoría feminina e a de prata na masculina; uns resultados para non esquecer!!
  

resultadosbotn.png imaxesbotn.png imaxes-fails_botn.png
 
 
 Grande noraboa para todas e todos, a seguir progresando cheesey.png
 

Enlace con la noticia original: RESULTADOS e IMAXES do CAMPIONATO PROVINCIAL – ATLETISMO EN PISTA (domingo 20 maio, Lugo)

Mas noticias relacionadas