Ria Ferrol e Gimnástica, os mellores na Malata

Publicado por: F.G. Atletismo

O Ria Ferrol-CCA na categoría feminina e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra na masculina, impuxéronse no día de hoxe na disputa do XXXI Campionato de Galicia de Clubs que tivo por esciario as pistas ferrolás da Malata.

O equipo feminino local, militante na División de Honra do atletismo español, suma un novo título nesta compitición que o sitúan como indiscutible dominador con nada menos que con trece campionatos nas súas vitrinas. As ferrolás cimentarían o seu triunfo cas victorias parciais de Nerea  Iglesias nos 100 m, Paulette Natacha Fernández nos 400 m, Irene Barreiro nos 800 m, Antía Martínez nos 100 valos, Lucía Rivadulla nos 400 v, Tania Valverde no triplo, Ivanna Carolina Román na xavelina así como na proba dos 4×400 m, sumando ó remate un total de 144 puntos. O segundo lugar correspondería ó gañador da edición do ano pasado, Atletismo Feminino Celta con 123 p., sendo o terceiro lugar para a Gimnástica de Pontevedra con 121 p..

No tocante a categoría masculina importante trunfo para a Gimnástica de Pontevedra con 129 puntos quen suma o seu quinto título logo dos xa colleitados no 2005, 2006, 2008 e 2017. Os pontevedreses contarían cos triunfos de David Abalde nos 400 m. así como a do equipo de relevistas dos 4×400, malia que sería nos concursos, onde asentarían o seu triunfo cos primeiros postos para David Ferrer en lonxitude, José Alfonso Palomanes en triplo, Victor Gallego en peso, Francisco Guzmán en disco, Sergio Paredes en martelo e José Manuel Vila en xavelina. Xunto ós vencedores estarían no podio o Real Club Celta con 124 puntos e de novo como xa fixera a edición pasada, o Club Atletismo Santiago con 120,5 puntos.

Durante o transcurso do campionato, produciríase un novo récord galego a cargo de Irene Gómez do A.F. Celta quen na proba de martelo lanzaría ata os 55.07 o que supón un novo tope Sub18

Resultados

O artigo Ria Ferrol e Gimnástica, os mellores na Malata publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.


Enlace con la noticia original: Ria Ferrol e Gimnástica, os mellores na Malata

Mas noticias relacionadas