Publicado por: F.G. Atletismo
O ano que ben o atletismo galego máster contará con tres equipos na máxima categoría nacional.
Ocurría esta fin de semana na disputada das fases tanto de Primeira División como de Segunda que se desenvolvían en La Nucía e Zaragoza respectivamente.
Á primeira das mesmas acudían os equipos femininos do Samertolameu e do C.A. Sada co principal e difícil obxectivo de reter a máxima categoría nacional diante de entidades dun alto nivel e investimento como Playas de Castellón ou F.C. Barcelona. As galegas competirían sen ningún complexo amosando toda a súa enorme calidade que as levaría a lograr a permanencia dunha maneira moi destacada. O Sada lograba un sensacional cuarto lugar na elite nacional cunha puntuación total de 86 puntos sendo as de Moaña sextas con 76 p. Estas posicións permítenlles cumplir a ambas entidades os seus máximos obxectivos para esta tempada.
Si todo elo ocurría en La Nucía, en Zaragoza competían os homes do C.A. Narón no seu encontro de Segunda División. Os naroneses acudían cun equipo moi ben estructurado e motivado na procura de plantar cara nesta importante cita. Ao remate, a suma dos puntos dabánlles nunha extraordinaria segunda posición que lles permitirá tomar parte xunto a Sada e Sametolomeu, na Primeira División Nacional no 2022
O artigo Sada, Samer e Narón… ¡¡son de primeira!! publicouse primeiro en Federación Galega de Atletismo.
Enlace con la noticia original: Sada, Samer e Narón… ¡¡son de primeira!!