SANYSEC – OURENSE ATLETISMO SÉTIMO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS SUB20

Publicado por: Ourense Atletismo

O Sanysec-Club Ourense Atletismo asinou unha destacada actuación na Final A do Campionato de España Sub-20 por Clubs, disputada o pasado 24 de outubro en Tres Cantos, na que o equipo feminino ourensán acadou o sétimo posto da clasificación xeral, con 71 puntos.

A actuación do club estivo marcada por catro postos de honra nas probas individuais:

  • 1.ª – Aitana Capeans Rey: Lanzamento de peso, 12,44 m.
  • 1.ª – Noa López Blasco: Lanzamento de martelo, 47,36 m.
  • 3.ª – Rebeca Fernández Guntiñas: Salto con pértega, 3,06 m.
  • 3.ª – África Carrasco Martínez: 5.000 m marcha, 25:34,24.

Estes resultados poñen de manifesto o nivel competitivo das atletas do Sanysec-Club Ourense Atletismo nunha das principais citas do calendario estatal de clubs da categoría sub-20.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España sub-20 por Clubes 

La entrada SANYSEC – OURENSE ATLETISMO SÉTIMO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS SUB20 apareció primero en Club Ourense Atletismo.


Enlace con la noticia original: SANYSEC – OURENSE ATLETISMO SÉTIMO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS SUB20

Mas noticias relacionadas